De xeito colectivo, crearemos un espazo de exposición de arte coas obras que consideremos máis representativas dos distintos movementos artísticos e autores/as dos últimos douscentos anos. Recompilaremos, de maneira ordenada, as pinturas e presentarémolas brevemente. Para ir enchendo o sitio (ao que nos dará acceso o profe), seguiremos o seguinte proceso, qu […]
Imos desenvolver esta secuencia didáctica para crear unha campaña sobre a violencia de xénero. Farémolo publicando as producións intermedias e final nesta rede compartida para desenvolver a competencia en lingua galega. As enquisas realizaranse, cando corresponda (actividades 1 e 2), aquí e mais aquí. Pódense empregar como ferramentas alternativas ás propost […]
Outra actividade complementaria. Crea unha biografía, real ou imaxinaria, en Tikatok, modificando o texto en inglés ofrecido e engadindo todos os elementos complementarios que desexes para ilustrar ao xeito a «túa» personalidade. Non precisas abrir conta. Farémolo coa nosa compartida.
Tamén como actividade complementaria, preséntanos un muro cos teus espazos preferidos, visitados ou non. Zonas, cidades, monumentos, parques, paraxe especial… o que ti queiras. Sitúaos brevemente e recolle algúns vídeos, imaxes, cancións, presentacións, ligazóns… adecuados para que todos/as nos poidamos achegar a eses sitios. Faino en Wallwisher […]
Imos realizar, entre todos, unha liña do tempo de toda a Idade Contemporánea. Incluiremos tanto as distintas etapas como os feitos máis relevantes, que distribuiremos entre os diferentes grupos que crearemos na aula. Unha vez repartido o labor, cumprirá investigar para saber caracterizar e explicar que aconteceu, por que aconteceu e que consecuencias tivo ca […]
Unha actividade paralela: a elaboración dunha pequena peza cinematográfica, con sentido, aínda que sexa paródico. A planificación está condicionada polas secuencias que nos ofrece a ferramenta ClassikTV. Escollemos e trasladamos ao editor os fragmentos e escribimos para cada un deles os subtítulos (en lingua galega; ollos cos tiles). Logo podemos engadir mús […]
Imos fixar no tempo e no espazo, así como presentar, distintos feitos históricos dos dous últimos séculos que comparten algunha característica común. 1. Escollemos unha temática na que centrarnos. Propoñemos facer un reparto de, cando menos, as seguintes: feitos revolucionarios (das revolucións sociais e políticas) avances científicos e tecnolóxicos (invento […]
Pechamos o curso cunha recomendación que cadaquén realizará no seu blogue. Trátase de presentar o wiki no que estivemos traballando e mostrar a nosa preferencia á hora de viaxar. Farémolo creando estes elementos: 1. Título da anotación en relación coas cidades e cabeceiro do corpo, que será unha imaxe tomada do wiki na que inseriremos [...]
Imos explorar, para guiar a súa visita, algunhas cidades non moi grandes e que manteñen zonas históricas de interese. Intéresanos sobre todo dar información clave, conxugando o visual co discursivo, sobre: - onde está a cidade - como é: zonas e trazados urbanos - que se pode ver: que restos históricos principais hai e como [...]