Adidas14's Blog











As redes sociais son espazos na web para o intercambio e a creación de comunidades de todo tipo. É o caso das creadas en plataformas como Facebook , Tuenti, Ning, etc. Mais cada unha delas ten as súas particularidades: así, Facebook é xeneralista, Tuenti é local e está dirixida á xente nova, Ning permite crear redes propias e hai outras verticais especializadas en distintos ámbitos sociais (deportes, negocios, etc.) e profesionais (como Xing).
O caso é que están a ter un éxito indiscutíbel e os usos que facemos nelas non sempre son os adecuados porque podemos descoñecer as regras de xogo e os seus perigos (como proporcionar datos persoais comprometedores) e, sobre todo, empregalas con fins exhibicionistas cando hai moitas outras posibilidades. Pero, cun uso axeitado, poden ser ferramentas útiles, tamén no ensino.
Para exemplificar eses distintos usos, imos comparar a rede do noso instituto, Enredeiras, e mais Tuenti.

  • Nas enredeiras do centro, os datos persoais (nome,curso etc…) teñen que ser reais e nas outras redes non teñen que ser verdadeiros.
  • As ferramentas son semellantes, pero o tuenti dános máis liberdade en colgar fotos.
  • No tuenti hai máis privacidade en colgar fotos (que as fotos que colgas ti as poidan ver os teus amigos, os amigos dos amigos ou todo tuenti) e enredeiras non é tan completa.
  • No tuenti non che controla ninguén e no enredeiras controlan bastante.

Eu o tuenti úsoo para colgar fotos e se che controla alguén, esa persoa es ti.



etcétera
Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.